mércores, 18 de xuño de 2014

ReciclArte


Con motivo do "Día do Medioambiente" (5 de xuño), nesta última sesión de contacontos limos historias que nos fixeran pensar no importante que é o coidado do medio natural para o noso benestar.

Xavi Estévez, xunto a súa mamá e irmá Adrián, contounos o conto de "Chocolata", de Marisa Núñez e Helga Bansch (OQO editora), onde nos relatan a viaxe que fai a hipopótama a cidade e como ésta síntese un pouquiño "salvaxe"nese entorno urbán.


Tamén escoitamos "En el bosque del perezoso" de Sophie Strady (edicións Hipótesi) onde se nos puxeron os pelos como escarpias cando vimos como un bosque pode desaparecer pola acción humana. 

E por último, escoitamos a canción de chocolata mentres disfrutamos duns estupendos pasteliños de chocolate... tiveron moitísimo éxito ¡non quedou nin un!






Como algunhas familias pediron a receita, aí vai: como se fan uns estupendos "paradise de chocolate" de Paco Torreblanca, fai click en "seguir lendo"...



mércores, 11 de xuño de 2014

ReciclArte


Como moitos de vós xa sabedes, o pasado 5 de xuño celebrouse o “Día mundial do medio ambiente” unha data moi especial que nos anima a ser máis sensibles cara o coidado do noso contorno.

No club de lectura querémolo celebrar con vós, aínda que sexa cun pouquiño de atraso, e contar contos que falen da influencia do medio natural no noso benestar e calidade de vida.
Non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:
  • Data: luns 16 de xuño
  • Lugar: na aula de apoio de 4 anos
  • Fai falla traer algo?: calquer tipo de material de refugallo: caixas de zapatos, cartóns de leite ou zume, tubos dos rolos de papel secante ou hixiénico, caixas dos ovos, botellas de plástico, calcetíns sen parella, botóns perdidos, disquetes en desuso,  etc... o que se vos ocorra para facer, a partir deles, as nosas propias creacións.