mércores, 18 de xuño de 2014

ReciclArte


Con motivo do "Día do Medioambiente" (5 de xuño), nesta última sesión de contacontos limos historias que nos fixeran pensar no importante que é o coidado do medio natural para o noso benestar.

Xavi Estévez, xunto a súa mamá e irmá Adrián, contounos o conto de "Chocolata", de Marisa Núñez e Helga Bansch (OQO editora), onde nos relatan a viaxe que fai a hipopótama a cidade e como ésta síntese un pouquiño "salvaxe"nese entorno urbán.


Tamén escoitamos "En el bosque del perezoso" de Sophie Strady (edicións Hipótesi) onde se nos puxeron os pelos como escarpias cando vimos como un bosque pode desaparecer pola acción humana. 

E por último, escoitamos a canción de chocolata mentres disfrutamos duns estupendos pasteliños de chocolate... tiveron moitísimo éxito ¡non quedou nin un!






Como algunhas familias pediron a receita, aí vai: como se fan uns estupendos "paradise de chocolate" de Paco Torreblanca, fai click en "seguir lendo"...




          
E como sempre, despois dos contos demos paso ao taller creativo: "ReciclArte" no que aprendemos a reciclar e converter o noso lixo en obxectos funcionais e decorativos, mirade que artistas temos no cole de mondariz!: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario