xoves, 29 de xaneiro de 2015

E TI, COMO ES??

Estamos en xaneiro, mes no que celebramos o día da Paz, por iso nesta sesión de contacontos lemos historias que nos recordaran, que aínda que teñamos unha cor de pel diferente, unha lingua distinta... todos/-as somos especiais!

Nesta ocasión foi o papá de Lucas, o que nos contou dúas historias: Cal é a miña cor? e Elmer.

Antoine Guillope
David Mckee



Foron dous contos que nos gustaron moito!








Tamén escoitamos outra historia moi curiosa e divertida, que nos contou a profe Cris: Gato azul, gato vermello, un conto que nos enseña que aínda que teñamos unha apariencia distinta todos temos algo que nos fai especiais.

Despois de escoitar estes contos, chegou o momento de converternos nuns grandes artistas, igual que o retrata Eric Carle.
   
Eric Carle

Así que rematada a sesión de contacontos e como os artistas que son estes nen@s, comezamos co obradoiro: pintamos pedras con cores diferentes, técnicas distintas... simulando persoas, animais variados...

Deixamos voar a imaxinación e comezamos!!


Nacho e Lucas coas súas pedras decoradas!
Artai e Carmela coas súas pedras!
Antía e Candela móstrannos as súas creacións!

Asier coas súas creacións e Nico que nos acompoñou nesta sesión




Ningún comentario:

Publicar un comentario