venres, 20 de decembro de 2013

A familia

Achegándose estas datas, este foi un tema que nos pareceu moi interesante. E os contos que se contaron, tamén nos gustaron moito.

Tania e a súa mamá (que é tamén mamá de Hugo), contáronnos o conto Avós, de Chema Heras. 


Neste conto aprendemos como as persoas maiores poden seguir sentindo ilusión polas cousas, e como o amor pode con calquera tristeza.


E os nenos de tres anos, contáronnos o conto "Unha familia normal", no que aprendemos como pode amañarse para convivir unha familia formada por membros moi diferentes. Aprendemos tamén que, cando se traballa unidos, se poden vencer todas as dificultades. 


E, despois dos contos, chegou o momento de crear, esta vez con follas, pois estamos rematando o outono. Inspirándonos no vídeo que vos mostramos, aproveitamos para facer as postais para o nadal. 


As fotos de todo o que fixemos:



E o resultado do noso traballo, en exposición:












Ningún comentario:

Publicar un comentario