xoves, 9 de xaneiro de 2014

Comezamos o ano comendo...


OLA FAMILIA DE CONTACONTOS:

Outro mes máis convocámosvos a unha nova sesión de contacontos.

Desta vez será a familia de Dulcinea a que nos contará unha historia moi divertida dun pequeno neno chamado "Garavanciño" e os nenos de secundaria vannos sorprender con "Maxia".

E como a temática deste mes xira en torno ás comidas, imos realizar a actividade "ALiMeNtoS coN SeNtiMeNtoS"... xa veredes!

Próxima sesión de contacontos: desta vez será o MARTES 21 de xaneiro.

Lugar: na aula de apoio de 4 anos.

Hora: ás 16:30 horas.

Fai falla traer algo? Pois si. Precisamos que traiades unha bolsiña con alimentos: vexetais, froita, legumes... o que teñades a man.

NON FALTEDES Á CITA! ESTARÉMOSVOS ESPERANDO...

SAUDIÑOS E MOITAS GRACIÑAS A TODOS E TODAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario