xoves, 1 de maio de 2014

En abril augas mil


Neste mes de abril queríamos que os nosos contos compartisen un mesmo elemento: a auga. A auga como elemento presente e esencial nas nosas vidas.

Grazas a familia de Candela e Pablo Diz coñecemos a historia de "Non quero ser un polbo" (de Francesca Chessa en Oqo Editora), ambientada no fondo do mar onde o noso protagonista, "Octavio", quere traballar no "Gran Circo do Mar" pero que, según el, os seus tentáculos son un estorbo.

A partires deste relato, descubrimos como grazas a superación, o valor, a autoestima e a aceptación dun mesmo todos os soños e desexos pódense facer realidade... non perdemos detalle!



É unha historia moi divertida e colorista, cunha gran diversidade de personaxes que fan que cada lectura sexa diferente... votade unha ollada ás ilustracións de Francesca Chessa:


Tamén tivemos outros contacontos marabillosos... os nenos e nenas de 3 anos do cole deron vida á historia de "Pétala" (de Pep Bruno & Luciano Lozano en Oqo Editora) no que atopamos unha pequena pomba branca, un terrible dragón e un lugar chamado "a casa da chuvia"... non vos pica a curiosidade de saber que ocorreu?



A partir deste conto falamos da importancia da auga nas nosas vidas e fomos descubrindo todos os usos que lle damos: para beber, facer a comida, asearnos, regar as nosas plantas e árbores e por suposto tamén está presente no noso tempo de ocio: na praia, no río, o lago... sen dúbida, do seu coidado e conservación depende a nosa calidade de vida.

Rematada a sesión de contacontos demos paso a outras actividades: creamos os nosos propios pomperos e xogamos a facer pompas de xabón. Se queredes ver o que fixemos e como o pasamos seguide lendo...

Para facer os nosos pomperos contamos con diversidade de material: reciclado, comprado, do medio natural... pincha na imaxe para ver con todo o que contamos:



E aquí é o resultado da nosa creatividade e traballo:



Para facer o líquido das pompas as profes atoparon esta receita:


Experimentando coa receita descubrimos algúns truquiños:
  • Se lle engadimos un pouquiño máis de glicerina e xelatina as pompas son máis flexibles e aguantan máis no aire. A glicerina a podemos mercar en farmacias e a xelatina en supermercados. As mestras probaron con agar-agar, unha xelatina moi forte que se pode atopar en herboristerias (unha culler de postre por litro de auga).
  • O lavavaixela debe ser de textura espesa. Tamén probamos con xel de baño e funcionou moi ben.
  • A fórmula funciona mellor si a deixamos repousar un dia.
  • Non debemos axitar a mezcla. A espuma impide a formación de pompas.
Xa non podíamos esperar máis e fomos correndo a xogar:



                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario