A pesares dá chuvia desta última semana, igual que o protagonista do noso primeiro conto, o ratiño "Frederick" de Leo Lionni (Kalandraka), conseguimos dar un pouquiño de cor a estes días grises.
E como de flores foi a nosa sesión, grazas a participación, esforzo e ilusión dos mozos e mozas de atención educativa (1º ESO) e de plástica (4º ESO) puidemos disfrutar dunha preciosa canción dramatizada por eles mesmos ¡ menudos artistas temos no cole!.
Con "María e a poesía" do CD a "Nena e o Grilo nun barquiño" (Magín Blanco) descubrimos que detrás das rosas, caraveis e pensamentos agóchanse moitos sentimentos, escoitade:
E como sempre, despois da sesión de contacontos, demos renda solta a nosa creatividade... se queredes ver o que fixemos fai click en "seguir lendo"...
A través das pinturas de Arcimboldo puidemos ver que hai moitas formas de expresarnos e de empregar materiais moi diversos:
así que puxemos en marcha o noso taller creativo: "Arte Floral" no que empregamos material moi diverso do medio natural: flores, sementes, cortiza, cocas... para facer as nosas propias creacións ao estilo "Arcimboldo" e os modelos fomos nós mesmos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario