OLA FAMILIA DE CONTACONTOS:
O próximo 18 de novembro
celebraremos a 1ª sesión do club de lectura coa temática "Mulleres importantes" con motivo
de sumarnos ao día "Contra a
violencia de xénero" (25 de novembro) e a continuación faremos unha
actividade que xire en torno a esta temática.
Seguro que todos e todas temos ou tivemos na nosa vida algunha muller
especial (nai, avoa, tía, amiga...). O que vos propoñemos é que familia, nenas
e nenos, e todos aqueles que vos apeteza nos contedes quen é a vosa
"Muller Importante".
Para isto, debemos traer unha foto das nosas mulleres importantes un pé de texto explicando porque é tan especial para nós.
Despois da sesión de lectura
faremos un marco para as fotos con material de refugallo e decorarémolo a
gusto.
Con todas estas mulleres
importantes faremos unha exposición nos corredores do centro que durará ata o
25 de novembro, celebrando deste xeito o día contra a violencia de xénero e
animando a toda a comunidade escolar a que reflexione sobre o papel tan
importante que moitas mulleres teñen nas nosas vidas.
NON FALTEDES Á CITA! PASAMOS LISTA...
Para isto, debemos traer unha foto das nosas mulleres importantes un pé de texto explicando porque é tan especial para nós.
Despois da sesión de lectura faremos un marco para as fotos con material de refugallo e decorarémolo a gusto.
NON FALTEDES Á CITA! PASAMOS LISTA...
Ningún comentario:
Publicar un comentario