Neste mes, por ser o mes de novembro, traballamos sobre as mulleres importantes nas nosas vidas.
A profe Paula, contounos o conto da Princesa do Caurel.
É un conto acumulativo, no que a protagonista é unha muller. As ilustracións deste conto tamén son moi bonitas.
Vimos tamén o conto musicado:
O avó de Carmela contounos o conto Rosa Caramelo:
Este conto ten como protagonista unha elefanta, que non se conforma coa idea de que elefantes e elefantas teñan vidas diferentes.
Escoitamos finalmente o conto de Cocorico na súa versión musical, na que a mamá salva a Cocorico das garras do Gato Pelado. É que as mamás sempre están aí para axudarnos cando algo vai mal.
Despois dos contos, nos puxemos máns á obra para facer un marco coas mulleres importantes nas nosas familias, que acompañamos dun pequeno texto no que explicamos por qué é importante. Isto foi o que fixemos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario