Hai comidas... e comidas. Neste mes, tivemos a ocasión de ver as máis espectaculares. Dende un pequeno neno devorado por un boi, ata o alimento máis universal do mundo... ¿sabedes cal é?...seguide lendo, temos todo un mundo por descubrir.
Dulcinea e a súa mamá, contáronnos o conto de Garavanciño.
un neno moi pequeno, moi pequeno que foi tragado por un boi, e é que ata un neno pode servir de alimento.
E os nenos de 1º ESO sorprendéronnos cun conto sobre o primeiro alimento para moitos de nós, unha comida máxica que ademáis de alimentarnos, nos proporciona amor, tenrura, calma, protección... Vamos, o alimento máis completo do mundo: a marabillosa alimentación a peito dos recén nados
E logo, xa que falamos de alimentos, pensamos: E os alimentos terán pensamentos? Terán caras e sentimentos? Este vídeo deunos a resposta.
Así que, enseguida nos puxemos a buscar cousas para animar aos nosos vexetais. O que fixemos foi isto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario