martes, 4 de febreiro de 2014

A cabalo entre Zezé e Os Megatoxos

O vídeo que fixemos para promocionar o libro A miña planta de laranxa lima, non precisa de presentación. Esperamos que vos guste.


E... comezamos novo libro, cambiando totalmente de xénero. Esta vez, unha novela fantástica de aventuras.



Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas cambien para sempre. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola, e máis preocupacións que entregaren a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo isto misturado nunha viaxe polo tempo na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas.

Para que as vosas lecturas teñan unha representación en imaxe, aquí vos deixamos un vídeo.



Ata o 24 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario