Nesta ocasión, Xiana, Uxía e a súa nai foron a nosa familia de contacontos. Aquí
podémolas ver todas xuntiñas, que así dá máis calorciño:
E como no noso cole se respira moito amor
por todos os cantos, os nenos e nenas de 3 aniños sorprendéronnos narrando a historia:
"Crocodilo
namorado".
Pero
isto non rematou aquí. Como sempre, ademais de gozar da lectura en voz alta,
gústanos dar renda solta á nosa imaxinación. Así que, con tanto animal e cos
carnavais á volta da esquina ¿quen se podía resistir?!... fixemos nosas
propias caretas de animais e ben chulas que nos quedaron...
Ata 7 animais do bosque chegaron a entrar “Na casa da Mosca Chosca” a comer unha tarta de
amoras. Trátase dunha adaptación dun conto popular ruso no que as súas rimas e
ritmos nos fan xogar coa linguaxe e as ilustracións, chea de cores e persoaxes
moi orixinais e divertidos, engancháronnos de principio a fin:
E como
estamos no mes que “Casan os
Paxariños” e no mes do amor, os nenos e nenas de 3
aniños non querían deixar pasar a ocasión e sorprendéronnos cunha marabillosa
historia de amor entre Crocodilo e Xirafa. E é que cando estamos namorados
somos quen de facer calquer cousa pola persoa que fai que teñamos bolboretas na
barriga. Aquí
podedes disfrutar das peripecias de "Crocodilo Namorado":
E para
rematar puxémonos creativos. Pronto estarán aquí os carnavais e moitos de nós
temos pendentes todavía os disfraces. Así que nada mellor que facelos nós
mesmos:
Mirade o resultado, somos uns
artistas!:
E aquí tedes o noso traballo exposto nos corredores no noso cole:
Esperamos que tivésedes
disfrutado tanto coma nós!
¡¡NORABOA¡
ResponderEliminarUN TRABALLO ESTUPENDO.
SEGUIDE ASI E PROMETOVOS UNHA TARTA AO FINAL DO CURSO.
NON PENSES QUE NOS IMOS ESQUECER, XA TEMOS APUNTADA A TÚA PROMESA!!
Eliminar