Ola familia de contacontos
Parece
que pasados os carnavais o inverno e todas as borrascas, nos están a dar unha
pequena tregua deixando pasar timidamente á primavera: os
días alónganse, os raios de sol quéntannos un pouquiño máis, os paxaros cantan,
as árbores e as plantas están a xermolar aparecendo as primeiras cores:
vermellos, amarelos, azuis... como cambia a paisaxe!
Así,
que para celebrar que moi prontiño estará aquí a primavera, ¿que vos parece
descubrir algo máis das cores a través dos contos? Xa veredes que ben ímolo
pasar!, próxima sesión de contacontos:
Data: luns 10 de marzo.
Hora: 16:30
Desta vez, será a familia de Asier os nosos contacontos e relatarannos a fermosa historia de "Grisela", unha pequena ratiña que non estaba a gusto coa súa cor.
Pero as historias non rematan aquí:
Tamén coñeceremos a "Verdadera historia dás cores" (Eva Heller, ed. Lóguez): cales se levan moi ben e se pasan o día xuntiños e como en cambio outros, que son totalmente opostos, non se soportan e se pasan o día discutindo.
Descubriremos a historia de “Pequeno azul e pequeno amarelo” (Leo Lionni, ed.
Kalandraka) e que lles aconteceu o día que se abrazaron moi, moi forte!
E
tamén correremos moitas aventuras co conto: “Que parvos son os camaleóns”
(Pablo Prestifilippo, ed. Kalandraka) onde nos ensinarán a descubrir aos
perigosos camaleóns que se agochan detrás das cores... dispostos a atacarnos!!
non vos esquezades!! Esperámosvos na
próxima sesión de contacontos:
“Verde
que te quero azul”