Novamente reunidos
arredor dunha cunca de infusión ou de
café ben quentiños, no lugar e hora xa
habituais, todos coincidimos en que “Futuro imperfecto “ non fora un libro
fácil de ler.
Xulia Alonso conta con
sinxeleza, sinceridade e crueza a súa experiencia coas dragas e coa morte por
mor do Sida de Nico, o seu home, o pai
da súa filla Lucía , o gran amor da súa
vida.
Seropositiva,
extoxicómana, Xulia remontase con esforzo e dor
vinte anos atrás para reconstruír como pode o recordo do seu compañeiro,
amigo , cómplice...e da historia de amor e dependencia que os uniu.
A súa memoria fai
malabares entre o tramo final da vida de Nico, a infancia no pobo, o recordo
dos avós, a vida en Santiago tras deixar a casa dos pais con 17 anos, a sórdida
adicción as drogas...
Non sen dor, pero si sen trauma, Xulia é consciente do
afortunada que foi pese a todo.
Nada saíu como o previra e tivo que pagar un prezo moi
alto pola ousadía, paixón e ignorancia coas que se entregou a descubrir o mundo
;pero tivo a sorte dunha segunda oportunidade grazas o respaldo económico que costeou a cura de
desintoxicación e fixo posible pagar débedas e garantir un futuro e unha
estabilidade.
Seus pais souberon estar
á altura das durísimas circunstancias e antepoñer o amor pola súa filla ó medo
os comentarios e a vergonza pública.
Teríanos gustado saber
máis sobre a avoa Rosa, sen dúbida a súa
vida daría para outra novela.
Tamén os pais, Xulián e Flora suscitaron as gañas de coñecelos máis a fondo.
E Lucía, xa unha muller,
como vivíu o recordo do pai morto, como foi a súa nenez , a súa relación coa
nai, a súa adolescencia?
Pese as moitas preguntas
que a novela deixa sen resposta, móstranos unha clave infalible para encarar o
futuro, sexa cal sexa o seu grao de imperfección: resistencia.
E despois dunha novela dunha temática tan dura, pasamos a unha novela de misterio.
Como podedes ver na primeira imaxe da entrada, hai sobre a mesa un montón de libros que teñen unha portada diferente a esta, e a razón é, nada máis e nada menos, que a posta en marcha dos e-books. Esta é a primeira vez que se utilizan no centro, e por iso decidimos probalos primeiro neste grupo de lectura. Máis adiante, faremos un novo experimento co grupo de lectura de 3º e 4º da ESO. Seguro que isto tamén nos dará motivos para falar na próxima reunión, que será o día 19 de marzo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario