Desta vez, a familia de Asier foron os nosos contacontos e que ben o fixeron os tres!:
Gustounos moito e todos quedamos enganchados ata o final da historia, na que Grisela, unha pequena ratiña gris, sentíase moi triste pola súa cor:
Grisela, Anke de Vries from cpimondarizbiblioteca
Tamén coñecemos as aventuras dun neno que inventa trampas para descubrir aos camaleóns que se atopan agachados detrás das cores, listos para atacarnos! Pero o neno non é tan listo como pensaba... enzoufou toda a casa con pintura e o único que conseguíu foi unha fregona.
Se vos pica a curiosidade por saber en que acabou o conto pinchade na imaxe:
Por suposto, tivemos a ocasión de experimentar coas cores:
Primeiro coñecemos a historia de "Pequeno azul e pequeno amarelo" na que Leo Lionni preséntanos a partir dunhas ilustracións moi sinxelas, coloristas e divertidas o valor da amizade entre dous pequenos : Amarelo e Azul.
Pero tamén descubrimos a: "Verdadera historia dás cores". Como estas aparecen, desaparecen e se transforman en outras cores novas cando se pelexan, misturan, abrazan... é como maxia!
A partires destes contos tivemos a ocasión de aprender cousas sobre as cores básicas e experimentar en primeira persoa o que sucede cando facemos as nosas propias mezclas e damos renda solta a nosa imaxinación.
Se queredes ver o que ocorreu... seguide lendo!
Descubrimos o que lles aconteceu a Pequeno Azul e pequeno Amarelo cando se fundiron nun forte abrazo:
E decidimos poñernos mans a obra:
E tamén vimos que pode pasar cando o vermello, azul e o amarelo se enredan nunha discusión:
E quixemos averiguar si o que nos contaban era certo!:
E así quedaron os nosos murais...que ben o pasamos!:
Ningún comentario:
Publicar un comentario