mércores, 5 de marzo de 2014

Verde que te quero azul

Ola familia de contacontos
Parece que pasados os carnavais o inverno e todas as borrascas, nos están a dar unha pequena tregua deixando pasar timidamente á primavera:   os días alónganse, os raios de sol quéntannos un pouquiño máis, os paxaros cantan, as árbores e as plantas están a xermolar aparecendo as primeiras cores: vermellos, amarelos, azuis... como cambia a paisaxe!

Así, que para celebrar que moi prontiño estará aquí a primavera, ¿que vos parece descubrir algo máis das cores a través dos contos? Xa veredes que ben ímolo pasar!, próxima sesión de contacontos:

Data: luns 10 de marzo.
Hora: 16:30

Desta vez, será a familia de Asier os nosos contacontos e relatarannos a fermosa historia de "Grisela", unha pequena ratiña que non estaba a gusto coa súa cor.


Pero as historias non rematan aquí:

Tamén coñeceremos a "Verdadera historia dás cores" (Eva Heller, ed. Lóguez): cales se levan moi ben e se pasan o día xuntiños e como en cambio outros, que son totalmente opostos, non se soportan e se pasan o día discutindo.


Descubriremos a historia de “Pequeno azul e pequeno amarelo” (Leo Lionni, ed. Kalandraka) e que lles aconteceu o día que se abrazaron moi, moi forte!


E tamén correremos moitas aventuras co conto: “Que parvos son os camaleóns” (Pablo Prestifilippo, ed. Kalandraka) onde nos ensinarán a descubrir aos perigosos camaleóns que se agochan detrás das cores... dispostos a atacarnos!!

non vos esquezades!! Esperámosvos na próxima sesión de contacontos:
Verde que te quero azul

Ningún comentario:

Publicar un comentario